martes, 24 de octubre de 2023
DÍA DAS BIBLIOTECAS: DECORACIÓN DA BIBLIOTECA
Como todos os cursos, alumnos e profes decoramos a nosa biblioteca, e xa que o lema da biblioteca e "Unha biblioteca escolar en viñetas", transormamos aos usuarios da biblio, en personaxes de comic, utilizando distintos programas para caracterizar, dibuxar, colorear...
DÍA DAS BIBLIOTECAS 2023: RADIO NA BIBLIO: ENTREVISTA AO ALCALDE DE O BARCO
ENTREVISTA A ALFREDO GARCÍA, ALCALDE DO BARCO
DÍA DAS BIBLIOTECAS 2023: SALÓN DO COMIC
Celebramos o Día das bibliotecas escolares baixo o lema "Unha biblioteca escolar en viñetas",con numerosas actividades que resumimos a continuación
SALÓN DO COMIC
Aproveitando que neste curso imos a traballar o mundo do comic, sacamos UNHA REPRESENTACIÓN DOS NOSOS COMICS
martes, 5 de septiembre de 2023
jueves, 13 de octubre de 2022
Neste novo curso, unha nova etapa nas nosas vidas despois dun período de restricións por COVID, abrimos as nosas portas para que gocedes de innumerables aventuras.
A Biblioteca pon á vosa disposición libros de todo tipo de temáticas, xogos, pelis de Dragón Ball, entre outros.
E dado que seguimos inmersos no programa de "Biblioteca escolar Inclusiva", co obxectivo de sensibilizar sobre a necesidade de avanzar cara unha biblioteca que responda, realmente, ás necesidades de todo o alumnado do centro e que enfronte os retos, contamos con diverso material como " Pop It" Tablets, entre outros.
Como parte importante da nosa comunidade educativa, as familias podedes facer as vosas suxerencias, propostas na seguinte ligazón:
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScDVhjX0SGu39fp2gIERjrpx6QFbPefg9OfNIYPJ96jS8jQ5g/viewform?usp=sf_link
Tamén podedes acudir cos vosos fillos á biblioteca do centro en horario de tarde de luns a venres ( 16:00- 18:00)
Peroooo Cal é o obxectivo deste ano?:
LER... E GOZAR LENDO.
Así que
“IMOS A BUSCAR A MANEIRA DE QUE LEAS E DE QUE CHE GUSTE LER”
Xa sabes,
"SE QUERES AVENTURA, LÁNZATE Á LECTURA"
Suscribirse a:
Entradas (Atom)












































































